viernes, 29 de agosto de 2014

G


Tés unha mente en constante oleaxe
Que viaxa nun mar de dúbidas
e silencios orballados,
como quen mira as pisadas na terra
e torna a súa mirada cara ó pasado.
Calquera dirá que a tristura apodérase de ti,
que de sorrisos están cheos
os teus bolsillos pechados
e que o lume de San Xoan
o ocultas entre as mans.
Así que viaxa,
pequecha dos ollos verdes,
viaxa e conta a todos
que os teus sorrisos
sólo son
para aqueles que,coma ti,
levan a morriña
preto ao corazón.